28 de febreiro de 2019

FEBREIRO - O MES DE ROSALÍA

“Rosalía pequeniña”   

Este libro-disco é un bonito xeito de acercar a poesía a un público infantil. Son un conxunto de poemas de Rosalía de Castro. Rosalía Pequeniña para cantar, rir, para gozar ou bailar. Pirata, poeta, aventureira ou fada.
Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de cantareiras e un nutrido grupo de músicos.
DISPOÑIBLE NA NOSA BIBLIOTECA! Achégate!
 

FEBREIRO - O MES DE ROSALÍA

“INVESTIGAMOS?”

Algunhas nenas e nenos animáronse a investigar sobre a figura de Rosalía; e compartir as súas pescudas con nós. Grazas!

FEBREIRO - O MES DE ROSALÍA

“RECITAL POÉTICO”

Algunhas nenas e nenos de 5º animáronse a lernos na biblioteca uns versos de Rosalía de Castro! Grazas por participar e compartir esta lectura de poemas!

FEBREIRO - O MES DE ROSALÍA

“AS CARAUTAS”

Cunha máscara da poetisa agasallamos aos que voluntariamente participaron dunha xornada na biblioteca no tempo de recreo!!
Adiviñades quen se esconde detrás desa Rosalía?

FEBREIRO – O MES DE ROSALÍA

“O PHOTOCALL”



 

CURTA PARA O XOVES 28 DE FEBREIRO

AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS GALEGAS
Rosalía de Castro
Os Bolechas

Horarios:
1º Pase: 11:30
2º Pase: 11:40

Lugar: sala 2 (audiovisuais)

Ano: 2017 
Duración: 8 minutos 
País: España (Galiza)  
Dirección: Pepe Carreiro 
Guión:  Pepe Carreiro 
Xénero: Narrativa
Sinopse: Os nosos queridos Bolechas preséntannos a Rosalía de Castro. Un apaixonante percorrido pola vida e obra da nosa gran poetisa.

24 de febreiro de 2019

ROSALÍA DE CASTRO

Aquí temos ás nenas e nenos de 1º desfrutando da obra de Rosalía de Castro.
Na biblioteca fixemos un xogo de pistas onde atopamos información sobre Rosalía e tamén sacamos fotos no photocall.
Na hora de ler estivemos lendo o poema “Xan” que Rosalía escribiu en “Follas Novas”.

20 de febreiro de 2019

24 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Un 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro. Poeta e novelista; quen escribiu en lingua galega e tamén en castelán.
Rosalía é figura clave do Rexurdimento galego.
É por iso que durante esta semana e a vindeira, a biblioteca do centro está sendo dinamizada arredor da súa figura e con algúns dos seus poemas.
Incluso creamos un photocall!!



19 de febreiro de 2019

CURTA PARA O XOVES 21 DE FEBREIRO

ROSALÍA PEQUENIÑA

 Horarios:
1º Pase: 11:30
2º Pase: 11:40

Lugar: sala de audiovisuais


Ano: 2013
Duración: 3 minutos
País: España
Dirección: Uxía Senlle
Guión: Uxía Senlle
Música: Uxía Senlle
Xénero: poesía
Sinopse: a música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía.

13 de febreiro de 2019

CURTA PARA O XOVES 14 DE FEBREIRO

PAXARIÑOS

Horarios:
1º pase: 11:30
2º pase: 11:40

Lugar: sala de audiovisuais


Ano: 2000
Duración: 3 minutos
País: Estados Unidos
Dirección: Ralph Eggleston
Guión: Ralph Eggleston
Xénero: animación/comedia
Sinopse: todo comeza cun grupo de paxaros pequenos pousados nun cable telefónico. Cando chega un paxaro máis grande todos comezan a queixarse e facerlle burla.

7 de febreiro de 2019

2ª XUNTA DE DELEGADAS/OS E SUBDELEGADAS/OS

Seguimos a dar voz ás propostas do alumnado en relación ao proxecto "Un cole de película" e á biblioteca. Para iso celebramos o mércores a 2ª asemblea de delegadas/os e subdelegadas/os, escoitamos todo o que as nenas e nenos tiñan que dicir e chegamos a acordos que nas próximas semanas levaremos a cabo!





NESTE "COLE DE PELÍCULA" XOGAMOS CO CINE!

Moitos de nós xa abrimos algunhas maletas con recursos e xogos para adentrarnos un pouquiño máis no mundo da ciencia ficción e dos personaxes de ficción!
Xogamos?


5 de febreiro de 2019

CURTA PARA O XOVES 7 DE FEBREIRO!

"CACHORRO"
Xoves 7 de febreiro do 2019

Ano: 2013
Duración: 4 minutos
País: Estados Unidos
Dirección: Yarrow Cheney, Bruno Dequier
Guión: Yarrow Cheney
Música: Paul Leonard - Morgan
Xénero: animación e comedia
Sinopse: un Minion observa á xente camiñando coas súas mascotas. Isto esperta nel o desexo de facer o mesmo, así que busca un xeito de logralo.

RECURSOS PARA O PROXECTO

O noso proxecto “Un cole de película” segue o seu camiño e esta vez chegan á biblioteca unhas maletas cargadas de recursos e actividades para xogar e investigar sobre o cine coa axuda de personaxes da gran pantalla que coñecemos ben!