29 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA

"É a través da palabra que somos capaces de transformar a realidade!" (Mar Benegas, poeta).
Foron estes os acrósticos que cada curso creou para elaborar este mural poético.
Que a poesía transforme a realidade!


27 de marzo de 2019

CURTA PARA O XOVES 27 DE MARZO DO 2019

OKTAPODI

Horarios:
1º Pase: 11:30
2º Pase: 11:40

Lugar: Sala 2 (audiovisuais)

Ano: 2007.
Duración: 3 minutos.
País: Francia.
Dirección: Julien Bocabelle.
Guión: Julien Bocabelle.
Xénero: Animación, comedia.
Sinopse: Dous polbos namorados son separados. A femia é adquirida por un restaurante de mariscos e isto leva ao macho a emprender unha gran aventura para rescatar á súa parella.

20 de marzo de 2019

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

O 24 de febreiro celebrouse o día da nosa escritora máis emblemática, Rosalía de Castro. As nenas e nenos de 3 anos descubriron a súa poesía a través da música coas cancións de Uxía Senlle.


DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo é o DÍA DA POESÍA!

No CEIP Plurilingüe O Cruceiro xa nos estamos preparando para acercar ao noso alumnado a este xénero literario!





18 de marzo de 2019

CURTA PARA O XOVES 21 DE MARZO DO 2019

MY STRANGE GRANDFATHER

Horarios
1º Pase: 11:30
2º Pase: 11:40

Lugar: sala de audiovisuais


Ano: 2011
Duración: 9 minutos
País: Rusia
Dirección: Dina Velikovskaya
Guión: Dine Velikovskaya
Xénero: Animación. Drama.
Sinopse: Describe a relación dunha nena e o seu avó, un inventor excéntrico, que se adica a coleccionar obxectos peculiares que encontra pola praia ou no lixo.

9 de marzo de 2019

MES DE ROSALÍA DE CASTRO

Temos un COLE DE PELÍCULA, polo que non podíamos deixar de recitar a ROSALÍA sen crear algunha que outra montaxe audiovisual! Velaí unha! Disfrutádea!
 

7 de marzo de 2019

MES DE ROSALÍA DE CASTRO EN 4º DE PRIMARIA

As nenas e nenos de 4º de Primaria tamén se achegaron á obra de Rosalía de Castro nestes días tan fermosos que vivimos na biblioteca.

Aquí deixamos unha mostra do que fixeron!