21 de maio de 2019

ANIMACIÓN Á LECTURA

Desfrutando das xornadas de animación á lectura na biblioteca do noso cole. Non importa a idade, a todas e todos nos gustan as historias fantásticas que agochan os libros!


14 de maio de 2019

EU NON FUN!

Continuando coa representación de pequenos contos, o pasado mércores as alumnas e alumnos de 2ºA fixéronnos desfrutar con “Eu non fun”.
Aquí deixamos un vídeo da actuación!


7 de maio de 2019

3ª XUNTA DE DELEGADAS/OS E SUBDELEGADAS/OS

Hoxe celebramos a 3ª asemblea de delegadas/os e subdelegadas/os. Trátase dun momento chave no curso pois contando coas opinións do alumnado valoramos as actividades que estamos a levar a cabo e consideramos novas propostas para o vindeiro curso.

As nenas e nenos destacaron moi positivamente o proxecto "Un cole de película", especialmente a saída ao cine de Vilagarcía para ver a película de Dumbo e a gravación das nosas propias curtas.
Como posibles proxectos para o ano que ven saíron ideas moi interesantes coma o fútbol ("Goleando"), o cambio climático ("Mares de plástico") ou as viaxes ("Beirarrúas do mundo"), entre outras.
Tamén temos claro que precisamos unha nova mascota na biblioteca!

A implicación do alumnado nestas actividades é máxima e desfrutamos colaborando entre todas e todos.







CURTA PARA O XOVES 9 DE MAIO

O DÍA EN QUE A MAMÁ SE LLE PUXO CARA DE TETEIRA

Horarios:
1º Pase: 11:30
2º Pase: 11:40

Lugar: Sala 2 (audiovisuais)


PRODUCCIÓN EXECUTIVA: OQO
DIRECCCIÓN: Arturo Gulín
DIRECCIÓN LITERARIA: Juan Couto
MÚSICA: María Mendoza
DURACIÓN: 11 minutos
SINOPSE: Relato áxil, fresco e cheo de sentido do humor, que engancha dende o primeiro momento e que, mediante a combinación do cotiá e do inesperado, trasládanos a un mundo fantástico e cheo de ritmo onde calquera cousa pode ocorrer. Un conto para transmitirnos aos nenos e nenas o pracer da lectura.

CINEMA GALEGO DE ANIMACIÓN

Para este mes de maio xa temos lista a nosa carteleira de curtas!
Todas elas son curtas de animación producidas en Galicia e en lingua galega. Outro xeito de conmemorar o Día das letras Galegas, facelo a través do medio audiovisual.
A primeira en proxectarse foi o xoves pasado e, levaba por título “A cousa que máis doe do mundo”.
Prestade atención ao noso blog e á nosa carteleira, publicaremos as vindeiras proxeccións!
Esperámosvos cada xoves na sala 2 (sala de audiovisuais). Colle sitio e non quedes sen butaca!