29 de outubro de 2019

TEMPO DE SAMAÍN 

Un pequeno recuncho con contos de medo, de bruxas, esqueletos... ou manualidades feitas polo alumnado para decorar a biblioteca e algunha que outra novidade para ler como "Mortiña, un curmán repugnante", serviron para celebrar este Samaín.




25 de outubro de 2019

24 DE OUTUBRO ~ DÍA DA BIBLIOTECA 

A biblioteca é un lugar privilexiado, debe ser un espazo de referencia; por tanto, para recoñecer a súa labor cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. 

Desde a nosa escola decidimos que este xoves 24 de outubro se fixera entrega das MOCHILAS VIAXEIRAS, unha proposta para dinamizar a lectura entre o alumnado e as familias e que pon en valor a biblioteca escolar. 

Algunhas das imaxes da xornada: 

17 de outubro de 2019

Este xoves 17 de outubro tivemos a 1ª reunión de delegados e subdelegados.

Falamos e puxemos en común aqueles hábitos que levamos a cabo na casa ou na escola e que gardan relación co coidado do medio ambiente.

Finalmente, o proxecto "Mares de plástico" e aquelas ideas ou suxerencias para darlle forma e vida. Desde levar a cabo un concurso de papeleiras ata facer unha exposición de arte con material de refugallo ou celebrar a Semana do Medio Ambiente realizando diferentes actividades.  

Grazas a todos os participantes!

 

ITINERARIOS LECTORES


Neste curso 19/20 levaremos a cabo os “itinerarios lectores”; onde cada nivel fixo selección dalgunhas obras. En galego e tamén en castelán; narrativa e tamén poesía, e mesmo cómic.








O 1 de outubro a biblioteca do Cruceiro abriu as portas.
Benvidos ao curso 19/20!