18 de abril de 2017

COMO PASAN OS ANOS!!!

Sabedes quen cumpre 11 anos dentro duns días?


Pensade!!!

Exacto, son eses nenos e nenas de 5º que están a piques de celebrar o seu aniversario, pero hai alguén máis. Quen será?

Aí vai unha pista, por se alguén está despistado!

De lonxe chegou,
dun ovo naceu,
e cando soprou,
o lume acendeu.

Seguro que xa adiviñachedes que é INZILBETH!

Como todos os anos imos facerlle un agasallo para celebrar con ela o seu aniversario.

Non sabedes que??? Premede na imaxe e atoparedes algunhas ideas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario