21 de xuño de 2017

VISITA DE VÍCTOR RIVAS



O pasado venres 9 de Xuño veu a visitarnos o ilustrador Víctor Rivas. 
É o ilsutrador dos libros de Ledicia Costas “Esmeraldina a pequena defunta” e “Escarlatina a cociñeira defunta”. Os nosos alumnos e alumnas dos clubs de lectura tiñan moitas ganas de coñecelo e facerlle moitas preguntas.
Entre as cousas que nos contou soubemos del que:

  • Durante moito tempo fixo Deseño Gráfico por ordenador. Dixo que lle encanta comunicar a través do debuxo porque lle gusta comunicar en xeral.
  • Gústalle colaborar con guionistas de cómics. Traballou nun cómic que era unha parodia de “Harry Potter”.
  • Gústalle debuxar máis a fantasía que a realidade.
  • Agora estivo ilustrando uns libros dunha serie de monstros, “O monstro do Lago Ness” , un libro de “homes lobo” e o libro “Cazador de fantasmas”. Tamén nos dixo que lle gusta máis debuxar fantasmas que seres humanos.
  • Adiantounos que o vindeiro libro de Ledicia Costas, que tamén vai ilustrar el, vai sobre “Os activos segredos de Escarlatina” e sairá polo Samaín.
  • Non ten horario de traballo. Hai días que traballa 10 horas e outros non traballa nada, depende. No seu traballo hai unha parte creativa e outra parte técnica de intintar.
  • Sobre as técnicas de debuxo, comentounos que debuxa por ordenador con tableta gráfica.
  • Tamén nos dixo que non é capaz de ver a man debuxando porque lle tapa o debuxo. Non lle gusta pintar con témperas e tinta.
  • O seu pai e a súa nai,  que eran mestres , querían que fixera maxisterio e que deixase o debuxo como hobby.
  • Gústalle moito pensar e ir resolvendo problemas.
  • Para facer un debuxo dun personaxe é moi maniático. Investiga todo sobre a época dese personaxe, sobre a súa vestimenta... fai un traballo de investigación minucioso antes de facer o debuxo.
  • Gustoulle cando viviu en Barcelona, pero agora disfruta vivindo na aldea.
  • Non estudou Belas Artes. É autodidacta, púxose a traballar moi pronto.
  • Gústalle o debuxo de “liña clara”,  como o debuxo de “Tin-Tin”.
  • Uns dos libros que máis lle gustou ilustrar foi o de Escarlatina, de Ledicia Costas, e un libro que fixo de “Pinocho”.



(Premede nestas últimas imaxes para ver algún vídeo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario