24 de febreiro de 2020

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Poeta e novelista, figura clave do Rexurdimento Galego; Rosalía de Castro nacía un 24 de febreiro de 1837. 
Cantares gallegos, Follas novas ou El caballero de las botas azules son algunhas das súas obras máis relevantes. 

Para promover este día e, por tanto, prestixiar a súa figura animamos ao alumnado a agasarllar un poema en galego. 

A proposta inclúese dentro dos "Apadriñamentos Lectores", nos que un curso "apadriña" a outro. Nesta ocasión o obxectivo é ler un poema en galego, un poema de Rosalía e agasallar ao "alumno apadriñado" cunha rosa. 

Ao longo do mes de febreiro lévase a cabo esta iniciativa. Desfrutade dos versos desta carismática muller!  

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario