18 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

E para seguir homenaxeando a Ricardo Carvalho Calero, compartimos con vós 2 contos 
(preme na imaxe de cada un):  
        - As pitas baixo a choiva
        - Os bolechas. Carvalho Calero 



Tamén queremos mostrarvos as NOVIDADES da nosa biblioteca, que esperamos poidamos emprestar coma de costume:     
  • "De Carballo Calero a Carvalho Calero": breve biografía e cronobiografía, unha escolma de textos acompañada dunha guía de lectura, un "Paso a palabra" e o xogo-escapada "A caixa de Don Ricardo".    
  • "Ricardo Carvalho Calero": banda deseñada sobre a biografía de Carvalho Calero ensinante, estudoso e investigador da nosa cultura.  
  • "Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso": ofrece un percorrido xeral pola biografía de Calero e inclúe sete pequenas pezas teatrais sobre momentos concretos da vida do intelectual galeguista. Tamén podedes ler unha entrevista feita ao autor desta obra, Héctor Cajaraville.


Ningún comentario:

Publicar un comentario