18 de xuño de 2020

"MARES DE PLÁSTICO"

Este curso o noso Proxecto xiraba en torno ao coidado e respecto polo medio ambiente; onde se foron realizando diferentes actividades a nivel de aula e de centro.
Algunhas delas non chegaron a levarse a cabo por causa desta pandemia. Foron as charlas con expertos, as batidas de limpeza, a visita ao punto limpo e a Feira do Medio Ambiente.
O 5 de xuño foi a data escollida a nivel de centro para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, por iso vos retamos e vos pedimos unha foto nun entorno natural e ao aire libre para poñer en valor a natureza, que tanta falta nos fixo despois deses días confinados.
Moitas grazas a todos por colaborar e facer posible esta pequena homenaxe, reivindicando unha Terra sen "Mares de plástico" (preme para acceder ao vídeo).
A continuación un resumo en imaxes: 

Tamén queremos ofrecervos unha serie de recomendacións lectoras sobre os océanos e non só iso, algo máis:
    - O número 5 da revista GALLIPATA (preme e accederás ao contido). A revista infantil de Ecoloxistas en acción e que se publica de maneira trimestral.
    - Unha serie de vídeos, curtas, inmersións virtuais e outros recursos relacionados cos océanos, que poderedes atopar na páxina de TEACHERS FOR FUTURE (preme).
Finalmente un artigo para ler sobre o uso das luvas e as máscaras nesta nova "normalidade".
O artigo está publicado na páxina de Greenpeace e leva por título "Mascarillas y guantes: ¿se pueden reutilizar?" (preme no título, accede ao contido).

Esperamos que esta como outras publicacións sexan do voso interese. Só pretendemos compartir iniciativas e propostas da escola, fomentar a reflexión e o coñecemento. Achegarnos a vós!

Unha aperta!
Feliz verán! 💚

2 comentarios: