7 de maio de 2021

 23 DE ABRIL: DIA DO LIBRO

    O pasado venres 23 de abril conmemoramos o Día do libro no colexio. Como o tempo non nos acompañou, agardamos ata o luns para facer unha actividade que nos gustou moito: nas quendas de recreo, baixamos cada un co noso libro para ler no patio. A maiores, os nenos e nenas de 6º tamén nos leron un conto dende a porta principal. Os libros escollidos foron "O peixe arco da vella" e "El pez arcoiris descubre el mar profundo" de Marcus Pfister.
 
    Foi un recreo diferente e moi entretido! Aquí vos deixamos un vídeo cunha selección de fotos do evento:




Ningún comentario:

Publicar un comentario