19 de decembro de 2021

 Un Nadal científico e as tradicionais recomendacións lectoras


Bo día familias! Como xa puidestes ver, o Nadal chegou á nosa biblio! 





O noso recuncho do proxecto "E por que ...?" tamén se vestiu de Nadal, e grazas á colaboración das familias, os corredores foron decorados por alumnos e familiares coa temática científica. 











Coa chegada de decembro, os nosos clubes de lectura remataron o seu primeiro libro, estade atentos ao seu blog (que podedes atopar á dereita da páxina) porque nos van contar as súas impresións destas lecturas.



Por outra banda e como cada ano, deixámosvos un genially coas recomendacións lectoras para este Nadal, pinchade nas tarxetas para descubilas. Esperamos que vos gusten tanto coma a nós!


Sen máis, queremos agradecer á comunidade educativa a vosa colaboración e ilusión durante o 2021. 

Desexámosvos que pasedes unhas boas festas e continuedes soñando, descubrindo e investigando con nós en 2022.



Ningún comentario:

Publicar un comentario