16 de febreiro de 2022

 23 de Febreiro, día de Rosalía de Castro

Bo día familias! Como xa saberedes, achégase unha data especial: a conmemoración do nacemento dunha das figuras máis importantes da lingua galega: ela é Rosalía de Castro, e para achegar a súa vida e obra ao alumnado, na biblioteca atoparedes este recuncho adicado a ela:


Nestes días irán chegando máis volumes adicados á autora, poderedes consultalos neste recuncho da biblioteca ata a data da conmemoración. Unha vez chegado o mes de marzo, estarán dispoñibles para préstamo, así poderedes gozar deles en familia.

Así mesmo, entre todas as aulas fixemos un caligrama que forma parte dun mural que estamos a montar na entrada do cole. De momento así é como loce, a falta dalgúns detalliños finais.
 

Como podedes ver, ao achegarnos ao mural podemos ler versos da autora escritos nas aulas que son os que forman a silueta de Rosalía. Foi un proceso moi entretido para os alumnos!


E por último... adiantámosvos que Catuxa, a nosa científica do cole, vaise poñer en contacto con vós en breve... estade ben atentos!





Ningún comentario:

Publicar un comentario