10 de marzo de 2023

                       

            

Neste curso continuamos co programa 'Radio na Biblio' con formacións dirixidas ao profesorado e ao alumnado. 

Foi o xoves 2 de febreiro cando mestras e mestres do Cruceiro recibiron a formación correspondente da man doutro mestre, Rafa do CEIP A Lama. 

 

E este martes 7 de marzo o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria estiveron con Damián da Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE ...NAS ONDAS!. O obxectivo é que nenas e nenos sexan competentes no uso desta ferramente tecnolóxica. 

Se tés curiosidade por coñecer un pouco máis esta asociación, preme no seguinte enlace: http://pontenasondas.org/que-e-ponte-nas-ondas/


A radio debe ser un medio para potenciar a capacidade de expresión, comunicación e creación do noso alumnado. E tamén un medio para que a lingua galega sexa unha lingua viva!

Por unha escola que non mate a creatividade! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario