27 de febreiro de 2024

Actividades realizadas recentemente: Día da paz e da non violencia, Entroido 2024 e San Valentín

Nas derradeiras semanas levamos a cabo moitas actividades interesantes:

A primeira foi a conmemoración do Día da paz e da non violencia coa creación dunha receita viaxeira da paz. Cada curso foi creando paso a paso os ingredientes necesarios que remataron plasmados nun libro e gravados polos alumnos de cada clase:



O propio día 30 de Xaneiro, baixamos á sala de usos múltiples, onde bailamos a canción "Los niños queremos la paz", coreografiada pola profe de música, Merce. Tamén se proxectou o vídeo da receta viaxeira da paz e un vídeo elaborado polos alumnos de 6º xunto coa profe Merce con dita canción de fondo.

Entroido 2024

Este ano, tras seguir as ordes de Mecatuxa durante a semana, chegou o venres de Entroido: por mor do tempo tivemos que cancelar o noso desfile e facer un cambio de plans: A pancarta feita polos alumnos de 6º en Arts coa teacher Noelia, non saíu á rúa encabezando o desfile, máis acompañounos coma fondo de decorado do noso escenario na sala de usos múltiples, onde levamos a cabo o festival cos nosos disfraces e cun público moi especial: as familias do alumnado.



Despois de que cada curso bailara unha canción preparada cos mestres e especialistas, e trala colaboración de varios pais e nais da ANPA que tamén se animaron a bailar, comezamos as merendas: 
As familias colaboraron traendo postres típicos de Entroido coma chulas, filloas e orellas, que degustamos por clases. Delicioso!


Por último, en San Valentín organizouse un reto fotográfico de corazóns no instagram da biblioteca, podedeves ver as fotos das receitas dos participantes e os gañadores pinchando na seguinte foto:


Así mesmo, houbo un buzón onde os adultos e os alumnos participaron nun concurso chamado: Receitas para namorar. Próximamente serán entregados os premios e os gañadores, así que seguide atentos a blog e ao instagram do cole.

Moitas grazas ás familias por toda participación e colaboración nestas datas tan sinaladas, Masterchef Cruceiro está a ser un éxito!









Ningún comentario:

Publicar un comentario