27 de abril de 2016

O NOVO LIBRO DOS CLUB DE LECTURA XA ESTÁ NO FORNO...


Os alumnos dos clubs de Lectura xa elexiron o seguinte libro, neste 3º trimestre , repetindo coa autora Ledicia Costas, xa que lle gustou moito o primeiro libro que leron da escritora: “Escarlatina Cociñeira Defunta”.



 SINOPSIS DO LIBRO:
O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste.
Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. 
A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena.
 A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade.
Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo.
 O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario