O pasado 18 de novembro na I Asemblea de Delegados/as e Subdelegados/as as nenas e nenos de terceiro responsabilizáronse de levar a cabo unha tarefa baixo o título de "Unha biblioteca sostible".
Despois de investigar ao longo destes días, hoxe foi o día da exposición.
Na súa sesión de biblioteca foron explicando a tódolos cursos as súas investigacións sobre como podemos conseguir entre todos unha biblioteca sostible que respecte o medio ambiente.
Elaboraron unhas papelerias con material de refugallo, explicaron que debemos tirar en cada unha delas, e deseñaron uns carteis que colocaron pola biblioteca con algúns consellos como por exemplo: apagar as luces ao saír da biblioteca ou usar a impresora de forma responsable.
Noraboa! Bo traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario