8 de novembro de 2017

Actividades da biblioteca para os recreos e as tardes.

O alumnado de 5º, tendo en conta as propostas que se levaron á Asemblea de Delegados/as, elixiu, deseñou e organizou as actividades que se van levar a cabo durante os recreos na biblioteca. Tamén as das tardes (como todos e todas sabedes, a biblioteca abre todos os días, menos os martes, de 16,00 a 18,00).

Hoxe, a aula de 5º B ,fixo a presentación da súa tarefa aos compañeiros e compañeiras de 3º, 4º e 6º. 
Mañá, será a quenda de 5º A, que llo presentará a Infantil, 1º e 2º. 



As actividades para a biblioteca da tarde, levaranse a cabo os xoves e son as seguintes: 

1ª semana: Contacontos/ teatro/títeres ofrecidos por familias voluntarias (pais,nais, avós, tías...).

2ª semana: Xogos de mesa. 

3ª semana: Intercambio de libros (dos que os nenos e nenas teñen na casa e lles apetecería intercambiar con outros compañeiros/as).

4ª semana: Película. 

Ocasionalmente: Exposicións (e presentacións ao vivo das mesmas por parte do alumnado que o desexe).


As actividades para os recreos son as seguintes: 

Luns: Contacontos / títeres/ teatro. 

Martes: Lectura libre. 

Mércores: Xogos de mesa. 

Xoves: Películas.

Venres: Manualidades.



Creo que a todo o mundo lle pareceu estupenda a proposta. Imos a aprender moito e a pasalo en grande na biblioteca. 







Ningún comentario:

Publicar un comentario