MOCHILA VIAXEIRA
Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos
andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos,
poña en funcionamento a maxia da lectura.
A mochila viaxeira permitiulles aos nenos e nenas levar libros á casa para
compartilos coa familia: ese conto que tanto nos
gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas,
as imaxes dun álbum que tanto me abraiaron, esa
música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro
que fala do tema que andamos a estudar...
Algúns voluntarios e voluntarias quixeron compartir co resto do cole a súa experiencia con debuxos, mensaxes, manualidades...
Ningún comentario:
Publicar un comentario