1 de outubro de 2018

BÚSCANSE LECTORES!!!

Buscamos persoas que queiran soñar, aprender, gozar... e pasar máxicos momentos achegándose aos libros.

Este curso tamén teremos CLUB DE LECTURA, que vai dirixido ao alumnado de 5º e 6º, e agora é o momento para que entredes a formar parte da nosa pequena familia, ou non tan pequena, quen o sabe?

Os libros que leremos son:

- "A SEÑORITA BUBBLE" de Ledicia Costas.



- "WONDER. LA LECCIÓN DE AUGUST" de R. J. Palacio.




- "O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN: O LADRÓN DE SOÑOS" de Fernando Manuel Cimadevila Botana.



O xoves 4 e o venres 5 de outubro recibiredes máis información nas clases.

O martes 9 de outubro remata o prazo para apuntarse.

O venres 11 de outubro publicaranse as listas cos membros de cada club.


ANIMÁDEVOS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario