A MULLER E A NENA NA CIENCIA
O 11 de febreiro conmemórase o "Día Internacional da muller e a nena na ciencia". A finalidade é lograr o seu acceso e participación plena e equitativa na ciencia.
Desde a escola e ao longo do mes de febreiro decidimos realizar unha pequena investigación dalgunha ou algunhas científicas.
A investigación lévase a cabo na biblioteca da escola. A información obtida queda plasmada nunha caixa decorada; para indagar podemos facer uso dos ordenadores e tablets dos que dispón a biblioteca ou dalgúns libros expostos como referencia que, mentres se leva a cabo esta proposta son de uso escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario