14 de abril de 2020

DE QUE COR É UN BICO? E OS DEBUXOS DE LEANDRO LAMAS?

Ola familia do Cruceiro!
Sabíades que onte foi o Día do bico?
Si, si, O Día do bico, así que a pesares do confinamento e a distancia mandámosvos un bico e unha aperta moi grande! E unha recomendación lectora (preme na imaxe)

https://www.youtube.com/watch?v=tF5zTAjx9gc

E para seguir pasando estes días entretidos, hoxe imos presentarvos a un pintor e ilustrador galego LEANDRO LAMAS (preme no seu nome).
Quen ademais está compartindo e ofrecendo os seus deseños paso a paso para que poidamos debuxar na casa! (preme na imaxe e levarate á noticia).

http://www.crtvg.es/informativos/o-ilustrador-leandro-lamas-ofrece-os-seus-desenos-guiados-paso-a-paso-4372451?fbclid=IwAR1W1qhIKfJL1x1coxlXd0LP53-Bc-dV6o5VMGS9B6E9D87L-Ng_4f-PV1c

Moitas son as persoas que lle achegan os seus debuxos, velaí colgamos dous e os pasos que deberedes seguir para obter ese resultado; cada quen é libre de colorealo como queira empregando rotuladores, ceras, etc. Ánimo artistas! 





Se vos gustou a proposta e queredes facer o voso debuxo cos deseños de Leandro Lamas, podedes envialo a ceipcruceiro@gmail.com e subímolo a este blog! 

Unha aperta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario