Ahí ven o maio
de flores cuberto...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min extendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvo-lo pobre
do pobo galego:
pra min hon hai maio.
¡pra min sempre é inverno!
(Aires da miña terra, Curros Enríquez)
E para os que gosten da versión musical feita por Luís Emilio Batallán ('Ahí ven o maio'): o vinilo (preme na imaxe).
Deámoslle a benvida á
'PRIMAVERA DAS LETRAS',
neste 2020
da man de
Unha aperta!
Moi fermoso. Un saúdo
ResponderEliminar