11 de marzo de 2021

 Libros que namoran...

O mes de febreiro estivo cheo de amor na nosa biblio: 


Durante todo o mes tivemos dispoñible un RECUNCHO DO AMOR. Neste recuncho, ademáis de atoparnos con libros moi agarimosos, tamén dispuxemos das seguintes fichas para compartir os libros que nos namoraron. Esas fichas fómolas deixando no buzón do amor do noso recuncho:



Algúns alumnos tamén quixeron compartir os seus libros favoritos con nós en formato vídeo, estade atentos ao blog porque subirémolos tan pronto coma estean editados.  Namentres, aquí vos deixamos BOOKFLIX: unha selección dos libros que nos namoraron e que podedes atopar na nosa biblioteca.




Ningún comentario:

Publicar un comentario