24 de novembro de 2021

 E por que ...?

Como xa saberedes, xa está en marcha o noso proxecto de centro: E por que ...? 

No corredor principal os alumnos atopáronse cun recuncho moi interesante, nel hai diferentes aparellos e recursos relacionados coa ciencia e un gran interrogante: E por que ...?



Unha vez nas aulas, cada curso decidiuse por un interrogante para o que lles gustaría atopar resposta, e sobre o que comezar a investigar. Para compartir inquedanzas co resto de compañeiros do centro, plasmáronse as cuestións en cartolina e colocáronse nas fiestras do corredor:







Unha mañá apareceron unhas bolsas misteriosas na entrada. Nelas aparecía un interrogante e a imaxe dunha científica.






Cada bolsa estaba marcada cun interrogante de cor e cunha imaxe dunha científica, no seu interior hai tres libros, un DVD e tres revistas do Papagaio, todos eles relacionados coa científica en cuestión. Por cursos, fomos recollelas para descubrir de que se trataba:











Resultou ser que as bolsas e o seu interior estaban relacionados coas cuestións que nos xurdiron nas aulas, polo tanto estamos ansiosos de comezar a traballar o seu contido!

Agora mesmo temos unha bolsa por aula, que intercambiaremos con outras aulas ao longo do curso para continuar as nosas investigacións noutros eidos. Temos moito que descubrir! 

Seguide estando pendentes do blog, irémosvos contando os nosos avances e descubrimentos nas distintas materias que as científicas nos propoñen e todas aquelas dúbidas que xurdan nas aulas e decidamos investigar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario