29 de marzo de 2022

Visita Ledicia Costas

O venres 11 de marzo tivemos a honra de recibir no noso cole unha visita moi especial: Ledicia Costas!


Foi unha xornada moi entretida na que aprendemos moitas cousas.

Ledicia falounos da súa inspiración, de onde saca as ideas para escribir os seus libros e logo nós fixémoslle preguntas, falámoslle dos libros que lemos, do moito que nos gustaron e do que nos gustaría que escribise nas súas próximas obras. 


 Ademais, Ledicia deixounos unha fermosa dedicatoria! 

Moitas grazas, Ledicia, pola túa visita. Esperamos que sigas escribindo moitos libros para así poder seguir gozando das túas lecturas.



 


Ningún comentario:

Publicar un comentario