8M ou o Día Internacional da Muller
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, é conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Tradicionalmente, grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións por todo o mundo, para facer ver as súas reivindicacións co fin de mellorar as condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975.
Esta información foi tomada da Galipedia; premendo na seguinte ligazón podes ler o texto completo: Día Internacional da Muller (Galipedia)
Na biblioteca do centro creamos un recuncho temático vinculado ao 8M, onde poderedes atopar libros xa existentes no católogo ou NOVIDADES que se adquiriron recentemente. É moi importante respectar as normas de uso, por tanto, agora só están dispoñibles para ler na biblio e, así darlles difusión entre toda a Comunidade Educativa; pasados uns días estarán ao voso dispór e poderán ser emprestados. Grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario