7 de abril de 2023

 VOLUNTARIADO DO CRUCEIRO 22/23

SEMANA DO LIBRO

O mércores 29 de marzo celebrouse na bibliotea do centro unha reunión entre o equipo de biblio do centro e as persoas delegadas e subdelegadas de cada grupo de voluntariado. 

Representando ao alumnado asistiron María e Sabela de 5ºA, Gael e Julieta de 6º, Lía e Carmen de 5º, e Unai e Raúl Afonso de 6º. E por parte do equipo de biblioteca: Patri E.F. (coordinadora), Mónica, Ramón, Patri A.L. e Ana.  O alumnado voluntario informou ao equipo de biblio das diferentes propostas organizadas para conmemorar a Semana do Libro 2023 e que darán comezo o próximo mércores 12 de abril e rematarán o venres 21 de abril. 

Entre as dinamizacións á lectura temos a presentación do libro 'Os tres porquiños' ou unha exposición sobre a escritora Ledicia Costas. 

A continuación compartimos algunhas imaxes do noso alumnado voluntario de biblio! Moi orgullosas da súa iniciativa, responsabilidade e implicación!

Adiante co voluntariado do Cruceiro! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario