9 de maio de 2023

A RADIO COMO MEDIO DE DIFUSIÓN E COMUNICACIÓN

Baixo o nome da proposta didáctica Abordando problemas ambientais do contexto rural galego dende a radio”, a mestra en prácticas Noa realiza o seu Traballo de Fin de Grao coa axuda das alumnas e alumnos de 5ºA. 

Facendo uso deste recurso dispoñible no centro, crearon uns programas de radio co fin de difundir as súas aprendizaxes ambientais acerca dos incendios forestais, a invasión provocada pola presenza do eucalipto e, finalmente, a contaminación das nosas costas. 

Estes nenos e nenas lanzan unha mensaxe de esperanza aos oíntes do programa e propoñen unha serie de medidas que podemos levar a cabo para paliar estes problemas.

Todo o traballo feito está recollido nun código QR a disposición de todos e todas e acompañado dunhas representacións artísticas realizadas polo alumnado. Agardamos que vos gusten! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario