11 de xuño de 2023

 VIAXANDO POLO MUNDO

'Viaxando polo mundo' é o título do Proxecto Documental Integrado deste curso 22/23 e que nos levou a coñecer diferentes lugares. Cada curso ou titoría desenvolveu o seu Proxecto de Aula e visitou distintos países de todo o mundo: 
  • 3 anos: 'China'
  • 4 anos: 'Exipto'
  • 5 anos: 'Coñecemos Marrocos', 'Países do mundo', 'Castelos do mundo'
  • 1º EP.: 'Viaxando polo mundo... chegamos a París'
  • 2º EP.: 'Groenlandia'
  • 3º EP.: 'Bibliotecas para un mundo mellor'
  • 4º EP.: 'Viaxamos aos noso países de orixe'
  • 5ºA EP.: 'A primeira volta ao mundo'
  • 5ºB EP.: 'Viaxando en Cruceiro polo mundo enteiro'
  • 6º EP.: 'Viaxando por Europa' 
 Durante o 3º trimestre as mestras e mestres do Cruceiro foron preparando o stand do seu curso ou titoría, para entre todas montar a Feira-Exposición cos diferentes traballos.
 
O luns 22 de maio comezaron as mostras e cada aula tiña un día asignado para visitar a Feira-Exposición, onde había alumnado-guía que explicaba o seu Proxecto de Aula. 
 
Foi o martes 30 de maio e o martes 6 de xuño cando houbo unha xornada de portas abertas para as familias, onde estiveron todas convidadas! 
 
Finalmente, compartimos uns vídeos das diferentes xornadas de visita á exposición por parte do noso alumnado: 
 
O luns 22 de maio visitaron a expo: 
6º e 3 anos 


O martes 23 de maio visitaron a exposición: 
3º e 2º



 O mércores 24 de maio visitaron a exposición: 
5ºA e 1º
 

 
O xoves 25 de maio visitaron a exposición: 
5 anos e 4º


O venres 26 de maio visitaron a exposición: 
4 anos e 5ºB


GRAZAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario