19 de outubro de 2023

Masterchef Cruceiro

Benvidos a Masterchef Cruceiro, o noso novo proxecto para este curso 2023-24.

Comezamos unha nova aventura! O pasado mércores atopamos así a entrada ao noso cole, e as preguntas comezaron a rondar as nosas cabeciñas... que será esa mesa engalanada? Por que non teñen cara eses cociñeiros? Que son esas letras de Masterchef Cruceiro?




Ao chegar a clase, as dúbidas foron resoltas polos nosos titores: Masterchef Cruceiro é o nome do proxecto de este curso 2023-24: os nosos sentidos van viaxar polo mundo a través das distintas receitas, ingredientes e sabores que visitaremos ao longo dos trimestres. O punto de partida estaba agardando na sala de usos múltiples... unha cata onde degustamos froita fresca, biscoito e empanadas que quitaban o sentido!

 





















Estade atentos ás novidades do blog, porque pronto chegarán as receitas e os nosos descubrimentos gastronómicos. Así mesmo, non esquezades que no instagram da biblioteca, @bibliocruceiro, teremos retos para que as familias participedes activamente nesta nova aventura. 

Quedastes con ganas de ver máis? Clica aquí para ver o vídeo presentación feito para o instagram da biblioteca

Bo proveito!

Ningún comentario:

Publicar un comentario