Este curso, para conmemorar o 25 - N, levamos a cabo diferentes accións: a primeira foi a creación de receitas contra a violencia de xénero. No hall da entrada instalamos unha pota morada onde fomos colocando cada clase os nosos traballos. Para rematar, reunímonos na sala de usos múltiples onde interpretamos a canción "Que nadie calle tu verdad" de Malú e Manuel Carrasco, cunha coreografía elaborada pola nosa profe de música, Merce, e uns pompóns que deseñamos en plástica coa profe Noelia.
Podedes ver máis no instagram da biblioteca, @bibliocruceiro, onde deixamos en stories destacados un apartado: 25N.
Ningún comentario:
Publicar un comentario