Durante o 1º trimestre fixéronse moitas actividades nas diferentes aulas.
Contamos coa participación das familias, que andiveron polo cole deixando a súa sabedoría, e ademais colaboraron aportando moito material relacionado coas tarefas no mar.
Aquí están alguns dos traballos para que botedes unha ollada. Premede na imaxe.
Hoxe, día 24 de outubro, celébrase o "Día das Bibliotecas Escolares" e como o lema deste curso é "Biblioteca escolar. Territorio das Artes" queremos propoñervos unha actividade literaria e artística ou artística e literaria, que tanto da que da o mesmo.
Seguro que sabedes facer barquiños de papel, a que si?
Pois poñédevos mans á obra, e todo o mundo a construir barcos, case como se o colexio fora o maior estaleiro de Galicia.
Por se alguén non recorda como se facían déixovos un vídeo que vos axudará moito.
Algunhas paredes do cole converteranse nun plácido océano no que navegarán os barcos que fabriquedes. CANTOS MÁIS MELLOR!!!
Os barcos deben ter as seguintes características.
- Ser literarios, ou sexa, deben levar algo escrito por vos. Poñede a imaxinación a voar e escribide un poema, un mini conto, unha frase orixinal, un chiste... ou o que se vos ocurra.
-Ser artisticos, ou sexa, que sean moi bonitos e orixinais, vamos que faga que calquera de nos quixera pertencer á vosa tripulación.
- E por último dicir que os barcos teñen que estar feitos con material de reciclaxe ou de refugallo.
ENCHAMOS DE BARCOS AS NOSAS COSTAS!!! PERDÓN, AS NOSAS PAREDES!!!
O outro día Inzilbeth foi a dar un paseo pola praia da Lanzada e tropezou cunha botella tirada na area.
O primeiro que pensou foi que algunha persoa moi cocha a deixara alí tirada, pero cando ía recollela para levala ao colector verde deuse de conta de que dentro había unha mensaxe.
Inzilbeth leu a carta pero había moitas palabras que non entendía.