Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO LIBRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO LIBRO. Amosar todas as publicacións

28 de abril de 2020

O MEU LIBRO FAVORITO É ...

Algúns de vós tamén nos quixestes recomendar un libro ou falarnos do voso conto favorito!
Grazas a todos por regalarnos un anaco do voso tempo! E por compartir as vosas lecturas! 
Tomade nota das súas recomendacións!

TODOS OS DÍAS, DÍA DO LIBRO! 

https://drive.google.com/file/d/1pPggEEoVGYOPgfGzL_SuKMFsgwSjySPP/view?usp=sharing
 (preme na imaxe: escoita a algunhas nenas e nenos da nosa escola)

26 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO



Quen ten un amigo, ten un tesouro.
Quen desfrutou da lectura dun libro, agocha para si un mundo de fantasía e imaxinación.
Tamén, quen ten un libro, ten un tesouro.

23 de abril, DÍA DO LIBRO
Teatro, libros e cine. Ese foi o noso menú semanal para fomentar unha dieta saudable, chea de cultura e amor pola lectura!

MARTES:
“IRIÑA BAILARINA”
“Pasaríalle o mesmo ás outras bailarinas? Era a única á que lle gustaría facer outras cousas?”, reflexionaba Iriña ou tal vez Naiara que, se converteu en actriz por un día para darlle vida a este conto e convertelo nunha pequena peza de teatro.
Naiara tamén contou coa colaboración de Loli, súa nai, quen foi unha excepcional narradora.
Ao rematar a peza convidaron aos asistentes a unha riquísima rosca. Grazas por ser as anfitrioas desta Semana do Libro  e axudar á nosa biblioteca a seguir medrando!





MÉRCORES:
“UNHA CITA A CEGAS”
Unha portada con pouco encanto ou un título pouco atraínte poden facer que non abramos un libro e deixemos de saborear as palabras que o conteñen. Pero ... e cunha cita a cegas?
Cando os nenos acudan á biblioteca coas súas mestras e mestres descubrirán un recuncho con libros envoltos en papel de cor e cunha pequena nota que nos conte algo sobre ese libro, pero sen desvelar moita información.
Animádevos a coller un libro e a abrilo sen prexuízos!
Crear intriga para educar no asombro! 



XOVES:
“OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SR. MORRIS LESSMORE” 
E como cada xoves, unha curta para seguir sendo “Un cole de película”.
Na sala de audiovisuais e durante o tempo de recreo o alumnado pode asistir voluntariamente.


Unha historia que conta a vida do Sr. Morris Lessmore, “amante das palabras, das historias e dos libros”. E unha desgracia, un nefasto furacán que destrúe todo o que o noso protagonista coñecía... 




Quen ten un libro,
ten un tesouro!

23 de abril de 2018

Amizades lectoras no Día do Libro

Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, o noso patio encheuse de amigos e amigas que compartiron un feixe de lecturas.

A semana pasada os padriños e madriñas lectores/as foron entrevistar aos máis pequenos/a para descubrir os seus intereses e gustos e así poder elixir o libro máis axeitado.



Despois duns días para preparar a lectura escollida , hoxe, puideron compartila no lugar do patio que preferiron.




Nalgunhas aulas, ademais da lectura compartida, tamén celebraron o día de hoxe intercambiando os seus libros preferidos.


Por se alguén de vós non lembra o motivo polo que o Día do Libro se celebra o 23 de abril, aquí están os debuxos dos nenos e nenas de 5 anos B que descubriron hoxe a que se debe a escolla desta data: elixiuse por coincidir co día do falecemento de Miguel de Cervantes.


FELIZ DÍA DO LIBRO E BOAS LECTURAS! 


26 de abril de 2016

A MAXIA ESTÁ NOS LIBROS!!!


No día do seu aniversario Inzilbeth agasallounos cuns fantásticos vídeos que nos convidan a LEEERR!

Moitas grazas Inzilbeth!!!







E aquí déixovos un fantástico vídeo que xa vimos no cole, "Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore". Lembrade que recibiu un premio Oscar ao mellor corto no ano 2011!

10 de abril de 2016

PODÉDESME AXUDAR???

Ola chicos!!! Sinto ser pesada pero necesito a vosa axuda OUTRA VEZZZ!!!

Non sei se sabedes que son unha gran cociñeira e este ano quérome presentar ao concurso MASTERCHEF JUNIOR. 

O casting é moi dificil, xa que compito con moitos nenos, e a única forma de pasalo é que elabore unha receita que ademais de ser saudable e estar moi rica sexa moi orixinal. 

Necesito que poñades as vosas cabezas a pensar e me axudedes. Farédelo??? POR FI...!!!

Se clicades no meu gorro de cociñeira saberedes exactamente o que necesito.

GRAZAS. Bicos de dragoa

                                           INZILBETH