Desde a biblioteca convocamos un concurso de foto-poesía no que poderá participar todo o alumnado do centro.
As bases do concurso son as seguintes:
- As/os concursantes deberán presentar unha fotografía acompañada por unha poesía de non máis de cinco versos.
- As obras serán inéditas.
- O prazo de presetnación será ata o 18 de maio. Podedes pegar as vosas obras na cortiza que hai no corredor diante da porta da biblioteca.
- A foto-poesía escollida será enviada a todas as casas e publicada no blog do centro.
Aquí tendes un exemplo de Helena Villar Janeiro. Podedes ver máis no seu twiter:
@villarjaneiro
Cabos e sombras
entreteñen o tempo
atando o mar.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
Ningún comentario:
Publicar un comentario