11 de maio de 2018

OLIMPÍADAS MATEMÁTICAS


No ano 2000 decidiuse declarar o día 12 de Maio como o "Día Escolar das Matemáticas", por iso  nesta semana celebramos no colexio as primeiras "Olimpíadas Matemáticas" con gran exito de participación.

O alumnado que quería participar fixo unha inscrición e quedou encadrado nunha das tres categorías existentes:

- Primeira categoría: 3 anos, 4 anos, 5 anos e primeiro.

- Segunda categoría: segundo e terceiro.

- Terceira categoría: cuarto, quinto e sexto.

Os participantes tiveron que enfrentarse a diferentes retos que superaron con gran destreza. Había grandes expectativas sobre como serían as probas e descubriron que as matemáticas poden ser moi divertidas, xa que todos gozaron con esta experiencia.






Os nenos e nenas que pasaron á gran final, non só demostraron as súas habilidades lóxico-matemáticas senón que tamén souberon traballar en equipo.

Os gañadores/as das diferentes categorías foron:

PRIMEIRA CATEGORÍA

Alejandra (3 anos), Sofía Rodríguez (4 anos), Lucía Varela (5 anos), Marta (5 anos), Xavi (5 anos), Ainhoa (1º), Iván (1º) e Unai (1º).

SEGUNDA CATEGORÍA

Sergio (2º), Melania (2º), Diego (3º), Xeyla (3º), Luis (3º) e Lucía (3º).

TERCEIRA CATEGORÍA

Yago (4º), Dani (4º), Pedro (5º), Carmelo (5º) e Laura (6º).


Estes tres equipos enfrontáronse na gran final.





 O equipo gañador foi o representante da primeira categoría.


NORABOA!

Se queredes ver máis fotos non vos perdades o seguinte vídeo.








Ningún comentario:

Publicar un comentario