Como cada ano desde 1963 celébrase o Día das Letras Galegas co obxectivo de homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola defensa da lingua galega e da nosa cultura.
Este 17 de maio estivo adicado a María Victoria Moreno.
María Victoria Moreno foi unha escritora moi ligada á nosa zona, pois exerceu como mestra no instituto de Vilalonga.
Na biblioteca adicouse un estante ás súas obras.
Por outra banda, durante todo este trimestre, o equipo de biblioteca, coa axuda do voluntariado preparou un recanto adicado ao teatro, coa intenció de que o alumnado tivese recursos para poder preparar unha obra e represetala nesta Semana das Letras Galegas.
Durante toda a semana representáronse as seguintes obras de teatro:
"Somos felices piratas" (1ºA) e "Sopa verde" (1ºB)
"Os tres porquiños" (2º A) e "A que sabe a lúa" (2ºB)
"A árbore que non tiña follas" (3º)
"Todo é un conto" (4º)
"Mamasiña que medo" (5º)
Ningún comentario:
Publicar un comentario