26 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO



Quen ten un amigo, ten un tesouro.
Quen desfrutou da lectura dun libro, agocha para si un mundo de fantasía e imaxinación.
Tamén, quen ten un libro, ten un tesouro.

23 de abril, DÍA DO LIBRO
Teatro, libros e cine. Ese foi o noso menú semanal para fomentar unha dieta saudable, chea de cultura e amor pola lectura!

MARTES:
“IRIÑA BAILARINA”
“Pasaríalle o mesmo ás outras bailarinas? Era a única á que lle gustaría facer outras cousas?”, reflexionaba Iriña ou tal vez Naiara que, se converteu en actriz por un día para darlle vida a este conto e convertelo nunha pequena peza de teatro.
Naiara tamén contou coa colaboración de Loli, súa nai, quen foi unha excepcional narradora.
Ao rematar a peza convidaron aos asistentes a unha riquísima rosca. Grazas por ser as anfitrioas desta Semana do Libro  e axudar á nosa biblioteca a seguir medrando!





MÉRCORES:
“UNHA CITA A CEGAS”
Unha portada con pouco encanto ou un título pouco atraínte poden facer que non abramos un libro e deixemos de saborear as palabras que o conteñen. Pero ... e cunha cita a cegas?
Cando os nenos acudan á biblioteca coas súas mestras e mestres descubrirán un recuncho con libros envoltos en papel de cor e cunha pequena nota que nos conte algo sobre ese libro, pero sen desvelar moita información.
Animádevos a coller un libro e a abrilo sen prexuízos!
Crear intriga para educar no asombro! 



XOVES:
“OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SR. MORRIS LESSMORE” 
E como cada xoves, unha curta para seguir sendo “Un cole de película”.
Na sala de audiovisuais e durante o tempo de recreo o alumnado pode asistir voluntariamente.


Unha historia que conta a vida do Sr. Morris Lessmore, “amante das palabras, das historias e dos libros”. E unha desgracia, un nefasto furacán que destrúe todo o que o noso protagonista coñecía... 




Quen ten un libro,
ten un tesouro!

12 de abril de 2019

VENRES DE MANUALIDADES!

Todos os venres no tempo de recreo dinamízase a biblioteca con pequenas actividades plásticas vinculadas coa temática do cine, tema que vertebra o noso Proxecto de centro.

Actrices da denominada época dourada de Hollywood como Marilyn Monroe ou Audrey Hepburn ou cineastas como Alfred Hitchcock (figura indiscutible do suspense) decoran as ventás da nosa biblioteca; así como o mítico logo da compañía estadounidense Metro-Goldwyn-Mayer Studios co seu lema en latín “Ars Gratia Artis”.

Torpe, inxenuo pero de bo corazón, así é Charlot; icono mundial do cine mudo e ao que lle deu vida o actor Charles Chaplin, pendura do teito da nosa biblioteca; tamén o fai a facilmente recoñecible “estatuilla” dos Premios Óscar.

E ... purpurina! Purpurina para encher de cor un venres de manualidades! Desfrutamos dándolle cor a personaxes cinematográficos con purpurina de diferentes cores!

Grazas a todos os que participastes desta xornada e á nosa mestra Patri, que nos dinamizou a xornada





5 de abril de 2019

OS TRES PORQUIÑOS!

Neste "cole de película" estamos feitos uns teatreiros!
Este mércores 3 de abril tivemos a sorte de contar cunhas actrices e actor de cine; Diego e Sofía que viñeron acompañados da súa nai Sonia e a pequena Elena que veu acompañada da súa nai Luz.
Moitas grazas polo voso traballo! Pasamos un rato ben divertido!




2 de abril de 2019

O CEIP PLURILINGÜE O CRUCEIRO ABRE O TELÓN!

O 27 de marzo celebrouse o Día Mundial do Teatro. Nós pensamos que podería ser o pretexto perfecto para "xogar" con esta arte escénica e involucrar ás familias. Ademais o teatro está directamente vinculado coa actuación, por tanto, seguimos a ser un "Cole de película".
E para dar comezo a esta aventura teatral, Carmen e súa nai Uxía amenizáronnos o tempo de recreo cunha pequena peza teatral titulada "Maruxa!". Non só iso, tamén ofreceron aos asistentes unhas saborosas galletas. 
GRAZAS! Foi un luxo!



1 de abril de 2019

CURTA PARA O XOVES 4 DE ABRIL DO 2019

BLOBBY

Horarios:
1º Pase: 11:30
2º Pase: 11:40

Lugar: Sala 2 (audiovisuais)


Ano: 2014
Duración: 2 min.
Dirección: Laura Stewart
Guión: Laura Stewart
Xénero: Animación e dramático
Sinopse: Blobby conquistou os nosos corazóns e é quen narra a súa historia a través dos anos e a soidade. Os protagonistas son un vello e un curioso compañeiro representado por unha gran masa de cor gris que o acompaña e que dá pé a diferentes interpretacións.