Todos os venres no tempo de recreo dinamízase a biblioteca con pequenas actividades plásticas vinculadas coa temática do cine, tema que vertebra o noso Proxecto de centro.
Actrices da denominada época dourada de Hollywood como Marilyn Monroe ou Audrey Hepburn ou cineastas como Alfred Hitchcock (figura indiscutible do suspense) decoran as ventás da nosa biblioteca; así como o mítico logo da compañía estadounidense Metro-Goldwyn-Mayer Studios co seu lema en latín “Ars Gratia Artis”.
Torpe, inxenuo pero de bo corazón, así é Charlot; icono mundial do cine mudo e ao que lle deu vida o actor Charles Chaplin, pendura do teito da nosa biblioteca; tamén o fai a facilmente recoñecible “estatuilla” dos Premios Óscar.
E ... purpurina! Purpurina para encher de cor un venres de manualidades! Desfrutamos dándolle cor a personaxes cinematográficos con purpurina de diferentes cores!
Grazas a todos os que participastes desta xornada e á nosa mestra Patri, que nos dinamizou a xornada
Unha idea xenial.....ademáis o cine mudo que teño mirado de pequena....moi emocionante poder compartir e falar sobre iso coas miñas fillas. Grazas. Moi profesionales todos!!💪😉
ResponderEliminar