26 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO



Quen ten un amigo, ten un tesouro.
Quen desfrutou da lectura dun libro, agocha para si un mundo de fantasía e imaxinación.
Tamén, quen ten un libro, ten un tesouro.

23 de abril, DÍA DO LIBRO
Teatro, libros e cine. Ese foi o noso menú semanal para fomentar unha dieta saudable, chea de cultura e amor pola lectura!

MARTES:
“IRIÑA BAILARINA”
“Pasaríalle o mesmo ás outras bailarinas? Era a única á que lle gustaría facer outras cousas?”, reflexionaba Iriña ou tal vez Naiara que, se converteu en actriz por un día para darlle vida a este conto e convertelo nunha pequena peza de teatro.
Naiara tamén contou coa colaboración de Loli, súa nai, quen foi unha excepcional narradora.
Ao rematar a peza convidaron aos asistentes a unha riquísima rosca. Grazas por ser as anfitrioas desta Semana do Libro  e axudar á nosa biblioteca a seguir medrando!





MÉRCORES:
“UNHA CITA A CEGAS”
Unha portada con pouco encanto ou un título pouco atraínte poden facer que non abramos un libro e deixemos de saborear as palabras que o conteñen. Pero ... e cunha cita a cegas?
Cando os nenos acudan á biblioteca coas súas mestras e mestres descubrirán un recuncho con libros envoltos en papel de cor e cunha pequena nota que nos conte algo sobre ese libro, pero sen desvelar moita información.
Animádevos a coller un libro e a abrilo sen prexuízos!
Crear intriga para educar no asombro! 



XOVES:
“OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SR. MORRIS LESSMORE” 
E como cada xoves, unha curta para seguir sendo “Un cole de película”.
Na sala de audiovisuais e durante o tempo de recreo o alumnado pode asistir voluntariamente.


Unha historia que conta a vida do Sr. Morris Lessmore, “amante das palabras, das historias e dos libros”. E unha desgracia, un nefasto furacán que destrúe todo o que o noso protagonista coñecía... 




Quen ten un libro,
ten un tesouro!

1 comentario:

  1. Para min foi un placer e un orgullo poder participar de narradora con miña filla...unha experiencia inolvidable, dar vida a un libro e moi fermoso. Podedes contar con nos sempre que queirades, eu súper orgullosa e leda de participar.Moitas gracias e felicitacións para vos que sodes uns súper profesionales.

    ResponderEliminar