FELIZ DÍA DO LIBRO 2023
Este curso 22/23 participamos do programa denominado Bibliotecas Escolares Solidarias, integrado no PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe). Este programa ten por finalidade estimular o voluntariado cultural en relación coa biblioteca e a lectura. É, por isto, que contamos cun grupo de voluntarias e voluntarios que colaboran co funcionamento da nosa biblioteca escolar e, ademais deseñaron e dinamizaron as diferentes actividades realizadas desde o mércores 12 de abril ata o venres 21 de abril; dirixidas ao resto de alumnado do centro.
O alumnado voluntario de biblio pertence aos cursos de 4º, 5º e 6º. Divididos en catro grandes grupos, que á súa vez se dividen en grupos máis pequenos para colaborar coa biblioteca durante o recreo.
Elas e eles teñen nome propio, son:
- Grupo 1: María, Sabela, Carla, Clara, Nerea F., Lara, Rodrigo e Damián.
- Grupo 2: Gael, Julieta, Jacobo, Marta, Estela, Nerea C., Camila, Daniela e Aali.
- Grupo 3: Lía, Carmen, Brais, Yanira, Yago, Manuel, Eva L., Lucía e Martina.
- Grupo 4: Unai, Raúl Afonso, Sara P., Sofía M., Wasim, Daniel A. e Naiara.
GRAZAS POR FACER DA ESCOLA UN LUGAR MELLOR!
Ningún comentario:
Publicar un comentario