A RADIO COMO MEDIO DE DIFUSIÓN E COMUNICACIÓN
Baixo o nome da proposta didáctica “Abordando problemas ambientais do contexto rural galego dende a radio”, a mestra en prácticas Noa realiza o seu Traballo de Fin de Grao coa axuda das alumnas e alumnos de 5ºA.
Facendo uso deste recurso dispoñible no centro, crearon uns programas de radio co fin de difundir as súas aprendizaxes ambientais acerca dos incendios forestais, a invasión provocada pola presenza do eucalipto e, finalmente, a contaminación das nosas costas.
Estes nenos e nenas lanzan unha mensaxe de esperanza aos oíntes do programa e propoñen unha serie de medidas que podemos levar a cabo para paliar estes problemas.
Todo o traballo feito está recollido nun código QR a disposición de todos e todas e acompañado dunhas representacións artísticas realizadas polo alumnado. Agardamos que vos gusten!
Ningún comentario:
Publicar un comentario