3 de febreiro de 2018

Biblioteca: espazo de pensamento

Este ano na biblioteca non paramos de remexer nas nosas ideas, pensar, falar, conversar, intercambiar opinións e ata cambiar algunhas.

Comezamos o trimestre falando sobre xoguetes, pois vindo da época de Nadal, pareceunos que era case obrigatorio tratar o tema do consumismo.
Analizamos imaxes e lemos libros como por exemplo "Non é unha caixa" ou "Un agasallo diferente".

Despois de expresar as nosas opinións e escoitar as dos nosos compañeiros e compañeiras chegamos a algunhas conclusións como as seguintes:

- Temos moitos xoguetes
- Non hai xoguetes de nenos e de nenas. Todos os xoguetes son para que xoguen as nenas e os nenos.
- Debemos compartir cos nosos irmáns, primos e primas, amigos/as...
- De cando en vez debemos pensar en quen non ten xoguetes e dar dos nosos, pero non os vellos ou rotos...

Escribímolas e compartímolas no mural colocado na biblioteca.







Ningún comentario:

Publicar un comentario