5 de febreiro de 2018

Pensamos sobre a PAZ

Ao longo do mes de xaneiro, e principalmente na última semana, na que se celebra o Día Escolar da Paz e non Violencia, os nenos e nenas do Cruceiro estivemos lendo, investigando, comentando, pensando, reflexionando, debatendo... 

Decidimos traballar a partir do libro "Imagine", pero na biblioteca reservouse un recuncho con moitos outros libros relacionados con esta temática.




Así, por exemplo, en 3 anos leron imaxes e diferenciaron entre aquelas nas que había paz e alegría e nas que non. En 4 anos investagaron sobre os xoguetes que tiñan os nenos e nenas que desafortunadamente viven en lugares onde hai guerras e conflictos. E en 5 anos, a partir do libro "Imagine" falaron do que significaba a paz para eles, e aportaron ideas de como contribuír a un ambiente de paz no noso cole e no mundo.



No primeiro ciclo, traballaron a partir dunha noticia sobre transplantes de órganos que colocaron no recanto da biblioteca: Que está pasando? Chegaron á conclusión de que doar órganos é un acto de solidariedade que por suposto contribúe á paz.


Tamén leron o libro "Los tres Bandidos" seleccionaron un parágrafo, pensaron, debateron, conversaron e sacaron conclusións, como por exemplo que as malas persoas se poden convertir en boas con un chisco de amor.


En 2º a partir de outro libro da biblioteca, afondaron nos sentimentos e emocións.



No segundo ciclo analizaron a letra da canción de John Lennon, ilustraron con debuxos moi orixinais o que significa a paz para eles e pensan que a mensaxe que transmite Lennon na súa canción sigue sendo necesaria na actualidade.



Pinchade nas seguintes imaxes e veredes unha selección de fotos e vídeos das actividades que se levaron a cabo durante este mes e coas que aprendemos a pensar e reflexionar, construíndo entre todos valores como a paz, a solidariedade, o amor, a empatía, a igualdade, etc.





Ningún comentario:

Publicar un comentario