1 de febreiro de 2023

 VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA 

Este curso decidimos participar no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, integrado no PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares. 

Nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participan de forma voluntaria; antes de adentrarse nesta aventura reuníronse coa coordinadora da biblioteca para coñecer un pouco os seus dereitos e deberes como voluntarias e voluntarios dunha biblioteca escolar. 

Durante o 1º trimestre configuramos os diferentes grupos; grupos pequenos para colaborar coa biblioteca durante o tempo de recreo e grupos grandes para organizar outro tipo de actividades vinculadas co fomento da lectura, por exemplo, realización de lecturas compartidas co alumnado de Educación Infantil durante a 'hora de ler'. 

Adiante co voluntariado de biblioteca! E grazas por participar! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario