DÍA MUNDIAL DA RADIO 2023
Este luns 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio e para tal fin decidimos participar da iniciativa da Asociación Cultural e Pedagóxica 'PONTE... NAS ONDAS' que, desde o ano 1995, realiza actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal.
O obxectivo da súa iniciativa é celebrar o Día Mundial da Radio compartindo e emitindo programas de radio de diferentes centros educativos, aínda que non só.
Nós decidimos colaborar e enviamos tres podcast gravados na nosa radio escolar.
Premendo nos seguintes enlaces poderás escoitar os diferentes programas de nenas e nenos doutros colexios. Aí tamén atoparás os programas da nosa radio escolar.
Preme en ESCOLAS NAS ONDAS
Preme en BIBLIOTECAS PARA UN MUNDO MELLOR
Longa vida a Radio Cruceiro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario